[AGNIX_xeral] cv

Manuel Hermo Verísimo mhermo en gmail.com
Dom Mayo 20 12:31:17 CEST 2007


Ola Alexandre,

Botei unha ollada o teu CV, o primeiro que se me ocurre é darche a noraboa
polo contido. En segundo lugar, e é unha opinión particular claro, eu o
ordenaria doutro xeito. O asunto do carné de conducir incluiriao no apartado
de información personal, logo poría  o que ti chamas "experiencia académica"
que ademais lle chamaría "formación académica" e, si queres, nela faría dous
apartados:
- Formación oficial.
- Outra formación (outros cursos, ou o que sexa aos que, aínda non
homologados, asistiche.

A seguir a experiencia profesional na que as "capacidades" poderian ser
parte dela. Tamouco estaria de máis, ainda que eso é cuestión de analizar en
función de si o queres enviar para unha oferta concreta ou é en xeral,
poderiase incluir cuestións como:

Condicións económicas: (a convenir)
Posibilidade ou non de incorporación inmediata.
Disponibilidade horaria.
Posibilidade de desprazamento a outro lugar, e de viaxar.

Por suposto, non esquezas que isto só é unha opinión.

Saúde.

2007/5/18, Alexandre González <alex en rianxosencabos.com>:
>
> Boas,
>
> o primeiro de todo pedir perdón, porque creo que esta lista non é
> precisamente para estos temas; pero sabendo que hai varios profesionais do
> sector, non me gustaría malgastar a oportunidade.
>
> Acabo de facer o meu CV e gustaríame que lle votarades un ollo e me
> desedes as vosas opinións.
>
> ¡Saúdos!
>
> --
> http://alex.rianxosencabos.com
> _______________________________________________
> agnix_xeral mailing list
> agnix_xeral en breogan.agnix.org
> http://breogan.agnix.org/cgi-bin/mailman/listinfo/agnix_xeral
>
>
>
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://breogan.agnix.org/pipermail/agnix_xeral/attachments/20070520/d3a9f0b6/attachment.htm 


Más información sobre la lista de distribución agnix_xeral