Proxecto Belenus
O obxectivo deste proxecto é idear unha plataforma de conexión a internet, de banda larga funcionando con software libre e alimentada por enerxias renovábeis.
Porque
A Rede non existe ata que non esta ao noso alcance. A realidade non é realidade ata que os meus ollos poden achegarme a ela. O noso potencial non vai ir a ningures se non se pode expresar na Rede. Se todo o mundo non chega, non chegou ninguén. Se queremos chegar a onde non chega a rede, temos que facer que as "portas de entrada" sexan quen de adaptarse ao medio, ao que esta ao seu alcance en calquera sitio. Pensamos nunha máquina con conectividade Wan fornecida pola rede UMTS, ou pola rede WiMax, no seu caso. Pensamos nunha máquina que non precise cabos, nin de datos, nin de electricidade. Unha máquina alimentada polo sol, ou polo vento.
Como
Buscamos no mercado o mais parecido a un PC convencional, pero co mínimo consumo.
Outras Vías
Dispor dunha máquina relativamente potente en "calquera lugar" da un chisco de idea da potencialidade do proxecto: podemos empregar esta máquina para calquera función das que un computador de hoxe en día pode facer. Dende recollida de datos de calquera tipo de sensor electrónico, ata nodo de comunicacións nunha estrutura de rede mais complexa (e que, polo tanto, sae das metas deste proxecto, pero tamen habería que explorar), no que o Belenus seria o elemento básico.
Enerxia - Medidas
O consumo medio esta en 1,400Ah. Unha bateria de 300Ah pode manter o sistema en marcha durante mais dunha semana (33,6Ah por dia).
Para manter o nivel de carga da bateria, os paneles tenhen que aportar 33,6Ah durante as horas de insolacion. Para aumentar o nivel de carga, teran que aportar mais.